A xornada final desta I Semana da Diversidade rematou cunha divertida e reivindicativa sesión celebrada durante o recreo no patio do IES.
Tal e como fora anunciado o luns, neste acto fíxose entrega dos premios de agradecemento aos participantes no Concurso Fotografía a Diversidade Afectiva e Sexual. A continuación, foi anunciada a fotografía gañadora do concurso, que foi a máis votada de entre as 30 participantes desta primeira edición do concurso: o seu título é Bicos de todas as cores, e as autoras son Marta Alonso, Xeila Seijo, Laura Lorenzo e Gabriel Castro.
A escolla da fotografía gañadora fíxose por votación aberta a toda a comunidade educativa durante o recreo do xoves, como podes ver neste enlace.
O resultado final quedou moi axustado. Esta fotografía quedou a moi pouca distancia en votos tanto da segunda como da terceira, algo que se intuía á vista da alta calidade dos traballos presentados.
Moitas grazas a todas as persoas participantes, cuxas fotografías aparecen recollidas no seguinte vídeo:
Para sorpresa das persoas asistentes, o alumnado de 1º da BAC realizou unha versión da coreografía do famoso e inesquecible videoclip de I want to break free da banda de rock británica Queen. As principais imaxes do evento recóllense no seguinte vídeo.
Kommentarer