E a semana avanza!
Chegado o mércores, hoxe gozamos das fotos do alumnado e profesorado participante no I Concurso de Fotografía a Diversidade Afectiva Sexual.
Recibimos 30 fotazas que nos deixaron totalmente abraiadxs. As fotos foron expostas durante o recreo.
E pola tarde, fóra do horario lectivo, o alumnado achegouse para a sesión de cinefórum.
Quedamos coa reflexión dun alumno de 1º ESO que dixo:
Tanto ten se che gusta un rapaz ou unha rapaza, ou se queres ser un neno ou unha nena, o que temos que fixarnos é en como é como persoa, o seu corazón.
Comments