Proxecto integrado de centro do IES de Soutomaior
Curso 2018-2019

O Proxecto
Falemos de ti e min: a cultura galega desde unha perspectiva integradora é un proxecto integrado de centro desenvolvido no IES de Soutomaior.
O EDLG, a Biblioteca Escolar, a Comisión de Igualdade, a Dirección do centro e un bo número de departamentos quixeron concentrar esforzos para iniciar un proxecto global que implique o conxunto da comunidade educativa e teña como obxectivo crear novas dinámicas que lle permitan ao alumnado mellorar na súa faceta máis humana.
Aséntase en catro eixos de contidos nucleares:
Lingua galega
Manifestacións culturais galegas
Perspectiva de xénero
Diversidade sexual, funcional e cultural
O tratamento que se adoptou é transversal para todos os cursos e para moitas materias. Trabállanse múltiples produtos finais e en formatos diversos (TIC, audiovisual, música, baile, exposicións, xogos, obradoiros, charlas, actuacións, etc.) que se van ver materializados durante o curso, pero que especialmente teñen a mirada posta sobre o mes de maio, mes das letras galegas (e, por extensión, da cultura galega).
Campos temáticos
Para o cumprimento dos obxectivos, cada curso traballará ao redor de distintos campos temáticos:
1º ESO: Herbas, lendas e tradicións
2º ESO: Literatura e música
3º ESO: Oficios tradicionais
4º ESO Académicas: Mulleres na historia de Galicia
4º ESO Aplicadas: Xogos populares
1º BAC: Vasquida García: meigas, herbas e inquisición
Obxectivos
Este proxecto persegue como obxectivos principais:
-
Poñer en valor a lingua galega.
-
Dar a coñecer diferentes manifestacións da cultura e a tradición galega (lendas, música, literatura, oficios tradicionais, xogos populares).
-
Analizar estes contidos desde unha perspectiva de xénero.
-
Visibilizar e atender a diversidade sexual, funcional e cultural.
Temporalización
O proxecto iniciouse no mes de setembro e desenvolverase durante todo o curso. Pretende mostrar os seus resultados no mes de maio, o que dotará de especial significación a celebración das Letras Galegas.
Existe unha programación xeral que organiza os pasos globais que han seguir sucesivamente os proxectos ata acadar os produtos finais.
Ademais, cada responsable de curso establece unha programación secundaria, xunto co profesorado encargado do proxecto concreto, que vai marcar as pautas particulares que se deben seguir, e que se encaixa necesariamente na programación xeral.
Integrantes
O proxecto lévase a cabo grazas á colaboración das seguintes áreas e departamentos:
-
Equipo de Dinamización Lingüística
-
Biblioteca Escolar
-
Comisión de Igualdade
-
Equipo Directivo
-
Bioloxía
-
Educación Física
-
Educación Plástica e Visual
-
Lingua Castelá
-
Lingua Galega
- Matemáticas
-
Música
-
Tecnoloxía
-
Xeografía e Historia
É posible a realización do proxecto grazas a:
-
Ana Aguiar Hormias
-
Silvia Arca Magariños
-
Fernando Blanco Rivera
-
Modesto Campos Castro
-
Román Cerqueiro Landín
-
Diego Flores Ríos
-
Eloy Gestido de la Torre (coordinación do Proxecto Falemos)
-
Victoria González Alonso
-
Beatriz González Santos
-
Cristina Méndez Ramos (coordinación do Proxecto Falemos)
-
Orlando Morales Morales
-
Vanesa Peón Fernández (coordinación do Proxecto Falemos)
-
Laura Pérez Codesido
-
Encarnación Rdguez. Lameiro
-
María Sánchez Crestelo
-
Susana Taboada Montero
-
Paula Veiga Sertal
Recoñecementos
Contratos-Programa 2018-19
O proxecto acaba de ser dotado economicamente a través dos Contratos-Programa convocados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, no apartado dedicado á Igualdade.
Recoñecemento da Conselleira de Educación
Falemos de ti e min vén de ser recoñecido expresamente mediante carta pola Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Carmen Pomar Tojo, quen destaca a súa aposta polo traballo na sensibilización contra a violencia de xénero e a prol da igualdade de dereitos para a muller.
Metodoloxía
Desenvólvese cunha metodoloxía colaborativa baseada no traballo por proxectos:
-
Cada curso do centro educativo desenvolve un proxecto distinto.
-
Propóñense actividades transversais para todos os cursos.
-
Os produtos finais son tanxibles (vídeos, exposicións, compilacións, etc.).
-
O profesorado actúa como guía.
-
O alumnado é o centro de interese, actor e receptor principal das actuacións.
-
Fases concretas:
-
Planificación
-
Procura da información
-
Realización das tarefas
-
Obtención do produto final
-
-
O coñecemento adquírese por aplicación práctica
-
Os contidos cos que se traballan están conectados co mundo concreto e real do alumnado.
-
A interacción nos grupos de traballo vai permitir que o alumnado adopte tamén capacidades sociais.
Neste proxecto intégranse outras actividades transversais para toda a comunidade educativa e en colaboración co equipo de Biblioteca e a Comisión de Igualdade:
-
Club de Lectura do IES (todo o curso).
-
Celebración de efemérides: Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 N), Día de Rosalía (24F) e Día Internacional da Muller (8M).
-
Semana da Diversidade (maio).
Propostas estratéxicas
O EDLG inicia este proxecto co desexo de que vexa continuidade nos futuros cursos escolares.
A curto prazo:
-
Levar a cabo un proxecto a nivel de centro adoptando un enfoque colaborativo (traballo por proxectos, aplicación práctica do coñecemento, etc.).
-
Crear actividades e exposicións para o Día das Letras Galegas coa finalidade de converter o alumnado en protagonista e partícipe desta celebración enchendo de contido o mes de maio con todos os produtos do proxecto.
-
Traballar as competencias comunicativas básicas do alumnado, sobre todo, priorizando a oralidade, provocando situacións de interacción cotiá entre os seus iguais, e entre este e o profesorado.
-
Coñecer as principais manifestacións culturais galegas.
-
Dar a coñecer os principais conceptos relacionados coa diversidade sexual e cultural.
-
Dar a coñecer o importante labor que realizaron historicamente as mulleres no contexto inmediato do alumnado (económico, cultural, social, político, etc.).
-
Fornecer do material básico e dos recursos necesarios (internet, bibliografía, etc.), e dar asesoramento lingüístico ao profesorado e ao alumnado para a mellora da competencia comunicativa.
A longo prazo:
Na idea de que este proxecto teña continuidade futura, pretendeuse que tanto as catro liñas temáticas que vertebran Falemos de ti e min (lingua, cultura, perspectiva de xénero e atención á diversidade) como os seus obxectivos coincidan plenamente co ideario educativo e os obxectivos do centro (educativos e pedagóxicos, de convivencia e de cooperación) recollidos no Proxecto Educativo.
Tamén son coincidentes cos establecidos no Proxecto Lingüístico (2019-2022), na Programación Xeral Anual (2018-2019) e con moitos dos aspectos sinalados no Plan Xeral de Atención á Diversidade.
Colaboracións
Falemos de ti e min é un proxecto que, pola súa natureza, precisa contactar con diversas institucións, entidades, asociacións e empresas da contorna.
-
Consellería de Educación
-
Deputación de Pontevedra
-
Concello de Soutomaior (CIM, Cultura, etc.)
-
TV Soutomaior
-
Asociación Cultural de Arcade
-
Protección Civil de Soutomaior
-
Empresas culturais, creativas e artísticas
Premio Mil Primaveras
O proxecto Falemos de Ti e Min recibiu o Premio Mil Primaveras na categoría de "mellor proxecto novo" que concede a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
O xurado do premio destaca que Falemos de ti e min sexa un "proxecto integrado no proxecto educativo do centro, desenvolvido durante todo o ano, dirixido á totalidade do alumnado, transversal e implicando a todos os departamentos. Valorouse moi positivamente que a promoción da lingua se asocie con outros valores e causas sociais xustas, como a igualdade de xénero e a defensa da diversidade sexual, funcional e cultural. Tamén se tivo en conta que o proxecto conta cun plan de avaliación con criterios e indicadores ben definidos e que é un modelo de traballo inspirador que pode ser empregado noutros centros educativos."
Anuncio dos Premios Mil Primaveras (edición 2019)
Entrada do Blog Falemos sobre o premio
Artigo IES de Soutomaior sobre o premio
Web dos Premios Mil Primaveras
Artigos de prensa:
CTNL, Resólvense os Premios Mil Primaveras (26-06-2019).
Cultura Galega, Fállanse os premios 'Mil primaveras' para poñer en valor a lingua (27-06-2019).
Sermos Galiza, Modelo Burela, Youtubeir@s e GCiencia, entre as gañadoras da primeira edición dos Premios Mil Primaveras (27-06-2019).
Nós TV, Youtubeir@s, GCiencia, Desafío 48h, Eu presumo de galego, Modelo Burela e Falemos de ti min, Premios Mil Primaveras da CTNL (27-6-2019).
GCiencia, GCiencia gaña o Premio Mil Primaveras ao fomento do galego (27-06-2019).
