top of page

Martes da I Semana da Diversidade

E seguimos!

A revolución das seis cores non pode parar, ten que facerse notar.


Hoxe o centro amaneceu cuberto de teas, as escaleiras que levan ás aulas viraron reivindicativas, as chinchetas que amarraban os carteis pasaron a ser corazóns de fíos vermellos, laranxas, amarelos, verdes, azuis e lilas.



Ata as árbores do patio uniron os seus troncos creando unha fermosa arpa arco iris.



O alumnado, no recreo, foi uníndose para pintar un mural sobre as diferentes identidades e orientacións sexuais e de xénero.



Ademais apreciamos unha preciosa obra do alumnado de debuxo artístico no que se pode ler: bicos de todas as cores.




45 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page