top of page

Comeza a I Semana da Diversidade afectiva sexual

Actualizado: 23 may 2019

Na semana do 20 ao 24 de maio, o Comando de Igualdade tiña encomendada unha importante misión: levar a cabo no noso instituto a I Semana da Diversidade Afectiva Sexual.


Con esta iniciativa, e como broche de ouro para o proxecto, durante esta semana pretendemos facer visible, a partir de distintas e importantes propostas de traballo, a diversidade sexual e afectiva no noso centro escolar.


Tras varias reunións, acordouse un plan de actuación moi ben definido. Había que dar o primeiro paso: “Trans-Formar o Centro”.


Así, os timbres dos recreos mudaron en música dos principais referentes LGTBIQ+ dende os anos 80 ata a actualidade. Bailamos e merendamos cos Village People, Madonna, Lady Gaga… e ata Cariño, un grupo novo que propón unha canción sobre a bisexualidade. Todxs temos que estar.





Días atrás, foi anunciado o I Concurso de Fotografía a Diversidade Afectiva Sexual.

O proceso de selección é completamente aberto e participativo. As fotografías serán expostas o mércores a toda a comunidade educativa, e na xornada do xoves disporase unha urna para que poidamos votar libremente pola que máis nos guste.

A persoa gañadora será anunciada o próximo venres!!




Para os próximos días temos preparadas máis sorpresas!!


Estade pendentes!!

49 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page