top of page

O Proxecto foi presentado en 2º ESO

Actualizado: 3 feb 2019

O proxecto Falemos de ti e min foi presentado hoxe ao alumnado de 2º curso da ESO. A proposta foi acollida con moita ilusión.


Tres semanas de traballo inicial

Durante tres semanas, o alumnado traballará na materia de lingua galega os conceptos de violencia de xénero, diversidade sexual e empoderamento da muller. Leremos textos e escoitaremos cancións que nos permitan coñecer cada un dos temas.

Veremos tamén conceptos e métodos de traballo previos á composición das letras, relacionados coa métrica dos poemas, a rima, o cómputo silábico, etc.

Despois, cada clase de 2º A, 2º B e 2º C vaise encargar de compoñer letras por grupos de traballo. A cada clase asignaráselle un dos temas antes mencionados e debe conseguir presentar unha canción completa no final desta fase 1.


Máis pasos durante os meses seguintes

Unha vez que estean as cancións creadas, o alumnado terá que aprender a tocar cada unha das pezas elixidas. Ademais, deberá cantala e bailala!

Este traballo que teñen por diante vaise realizar nas clases de música (adaptar a letra e tocar as cancións, preparar o canto). O baile prepararase nas clases de educación física.

Intensas semanas de traballo para obter un bonito produto final. Pero o auténtico goce está no día a día da aula.
19 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page