Velaquí temos as primeiras imaxes en exclusiva das probas que está empezando a facer o alumnado de 2º curso da ESO co seu proxecto de Literatura e Música, neste caso, versionando cancións de Sés.
Neste caso, propoñen tres letras reivindicativas propias que tratan os temas do empoderamento da muller, a violencia machista e a diversidade afectiva.
Estas pezas van ser tocadas, cantadas e bailadas no mes de maio.
Moitos parabéns, porque o resultado é precioso!
Comments