top of page

Actuacións musicais e baile

Actualizado: 24 may 2019

A partir das 13:00 h do xoves 16 de maio, o alumnado de 1º da ESO puido asistir a unha dupla actuación no ximnasio do IES:

1. Por unha banda, 2º da ESO realizou unhas actuacións musicais e de baile.

2. Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO impresionou os seus compañeiros e compañeiras cunhas preciosas escenificacións de poemas realizados por autores e autoras coñecidas. Consultade máis información deste acto noutra entrada facendo clic aquí.


A xornada, que se desenvolveu intercalando ambas as actividades, estivo presentada por Matías e Sofía, de 2º C, que animaron os primeiros minutos do acto e avivaron os ánimos dun público expectante. Cun estilo moi profesional, souberon dirixir o acto de maneira impecable. Moitos parabéns!


As actuacións musicais e o baile, como xa foi adiantado noutras entradas deste blog, insírese no proxecto "Literatura e música", no cal o alumnado de 2º compuxo as súas propias letras e tocou a súa propia música adaptándoa a partir de cancións coñecidas elixidas por eles/as.


Matías e Sofía durante a presentación



Fotos e vídeos de cada grupo:


2º ESO A

2º ESO B


2º ESO C




O alumnado de 2º da ESO creou a súa propia versión a partir de tres coñecidas cancións compostas por Sés.


Velaquí os textos das súas versións:

Curso: 2º ESO A


Letra: alumnado de 2º ESO A

Tema: diversidade sexual

Música: TEMPESTADES DE SAL (SES)

Nesta terra que non nos acolle

que nos discrimina e nos fai berrar

infestada de mentes pechadas

que non nos escoitan e nos fan calar.

Vivo dentro dun pequeno armario

no que da homofobia non podo escapar

coa esperanza de que isto remate

para ver o momento de nos libertar.

Mais aínda seguimos aquí

a aturar os prexuízos do mal

resistindo o desprezo de mans

desa xente insolente que nos fai chorar.

Construiremos un mundo mellor

cunha loita no medio do mal

que ilumina o medo máis negro

que esquece o desterro e anima a olvidar.

Cando as palabras son coma pedras

que van polo aire atravesando a pel

non debemos deixar que nos manquen

falta a irmandade que axude a crecer.

Se deixamos de discriminar

e buscamos xa unha boa solución

poderemos falar de verdade

e dicir o que senten estes corazóns.

Mais aínda seguimos aquí

a aturar os prexuízos do mal

resistindo o desprezo de mans

desa xente insolente que nos fai chorar.

Construiremos un mundo mellor

cunha loita no medio do mal

que ilumina o medo máis negro

que esquece o desterro e anima a olvidar.


Curso: 2º ESO B


Letra: 2º ESO B

Tema: apoderamento da muller

Música: SEMENTE DE VENCER (SES)

Somos mulleres guerreiras

que loitan polo que queren

non somos todas iguais

pero si igual de valentes.

Cando eu saio á rúa

non me sinto ofendida

danme igual as miradas

e tamén o que critican.

Faite forte, muller, faite forte,

non vales menos ca el

Faite forte, muller, faite forte,

xa verás que ti podes con el.

“Que eu non podía facelo”

dixéchesme por ser muller

“Como rosa delicada...

así deberás de crecer”.

“As mulleres para a casa

e os homes son os da caza”

ti vai dicindo parvadas

xa non van servir de nada.

Faite forte, muller, faite forte,

non vales menos ca el

Faite forte, muller, faite forte,

xa verás que ti podes con el.


Curso: 2º ESO C


Letra: 2º ESO C

Tema: violencia de xénero

Música: MILONGA DE AQUÍ (SES)

Contigo na miña vida

sumo feridas e loitos

que sexan poucas ou moitos

xa non me deixan sorrir.

Explicando a situación

e intentando que razoes

vai pasando a miña vida

e murchando a súa flor

isto é cada vez peor

o amor xa non ten cabida.

Xa non podo soportalo

farta estou da mesma merda

que elixas as miñas prendas

xa non cho permito máis.

Tampouco che deixarei

que controles o meu móbil

cuestionar os meus amigos

ou non deixarme saír

porque eles si me fan rir

e eu me sinto liberada.

Non quero fregar os pratos

non quero ter catro fillos

non quero ser a túa escrava

ti non es o meu señor.

Con esperanza e ilusión

defendemos os dereitos

pois unidas somos moitas

aquí empeza a rebelión.



Interviñeron nas actuacións musicais:


2º A: Frida, Laura, Odín, Anxo, Joaquín, Sergio, Bruno, Ariadna, Javier, Candela, Miguel Ángel, Laura, Paula, Noelia, Ramón, Lucía, Rebeca, Hugo, Alejandro, Daniela, Pablo.


2º B: Sonia, Cristina, Antía, David, Silvia, Lara, Luis, Sara, Manal, Deisy, Gonzalo, Fiz, Anthía, Daniel, Íker, Andrea Victoria, Óliver, Mikaela, Brais, Izaskun, Ilyas.


2º C: Antía, Sofía, Miguel Ángel, Uxía, Ángeles, Anxo, Lucía, Iria, Daniel, Wassim, Manuel, Matías, Lorena, Yanira, Maruxa, Óscar, Paula, Raúl, Uxía.



89 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page