top of page

Xogos populares

  • Foto del escritor: PIC Falemos
    PIC Falemos
  • 5 may 2019
  • 1 Min. de lectura

Medicións, áreas e un sinfín de números foron precisos na materia de Matemáticas para poder elaborar o cálculo previo dos materiais e orzamento estimado para fabricar os xogos tradicionais á vista dos distintos deseños realizados.


Ferramentas en man e con moita dedicación e entusiasmo, o grupo de 4º ESO C foi construíndo na materia de Tecnoloxía os xogos que van dar lugar a esta fermosa actividade.


Neste momento, o alumnado atópase na fase final de elaboración das instrucións de cada xogo nas clases de lingua e na organización da actividade en educación física.




Comments


bottom of page