Como colofón ao proxecto "Xogos Populares", presentamos o conxunto de paneis instrutivos que o alumnado de 4º ESO C elaborou para explicar cada un dos xogos que foi construíndo durante todos estes meses.
O xoves 16 de maio está previsto que o alumnado de 4º ESO, creador dos xogos, realice unha sesión lúdica dirixida ao alumnado de 1º curso da ESO no patio do IES.
Será unha xornada de contacto e intercambio entre cursos na que, coma sempre, o alumnado é o auténtico protagonista.
O resultado non podía ser mellor!
Comentarios