top of page

Investigando sobre a vida de Vasquida García

Durante meses, o alumnado de bacharelato estivo preparando unha preciosa actividade que puxo en escena o 16 de maio para os seus compañeiros e compañeiras de 3º e 4º de ESO: un rastrexo sobre a vida de Vasquida García polo monte e arredores da praia da Xunqueira.


Alumnado caracterizado para a proba

Podedes ver entradas anteriores sobre o proceso de preparación desta actividade.


Vasquida García foi unha muller do século XVI condenada por bruxería á Inquisición con 100 azoutes e a expropiación das súas terras.


O noso alumnado quixo contar a súa verdadeira historia, a dunha muller menciñeira coñecedora das dotes curativas das plantas que viviu fóra dos camiños marcados para as mulleres daquela época.

Para iso, montou un total de 10 probas nas que recreou a historia desta muller axustizada dando vida a diferentes personaxes que axudaban a coñecer e comprender o que en realidade pasou naquela época.

Ao longo do roteiro atopábaste coa Santa Inquisición, con curas e cregos, lavandeiras, ferreiros, panadeiros, borrachos, pregoeiros, mariscadoras, presos, e como non, ata un auténtico e marabilloso aquelarre.



Non lles faltou detalle para facernos vivir unha auténtica historia do século XVI.

Durante toda a mañá os diferentes grupos de participantes superaron diferentes probas, retos físicos e de enxeño para, ao chegar á última, poder reconstruír a historia ante a temida Inquisición, todas e todos conseguiron librarse da condena.



Hoxe, grazas ao alumnado de bacharelato, sabemos un pouquiño máis dunha das moitas mulleres olvidadas e condenadas na queima de bruxas. Vasquida García.


Este precioso vídeo recolle distintas secuencias das probas:



184 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page