Unha das actividades programadas polo Proxecto Falemos é conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro.
Posto que este ano cadra en domingo, celebrámolo o luns 25 de febreiro. Fixemos un Photocall e escribimos versos nos cristais das portas de entrada ao centro.
Aproveitamos esta celebración para escoller e dar a coñecer, de entre os versos da autora, aqueles que reivindiquen a figura da muller e fagan denuncia das inxustizas.
Os preparativos deste acto comezaron uns días antes coa axuda do alumnado da Comisión de Igualdade, a quen queremos agradecer o seu traballo e dedicación.
Comentarios