O martes 14 de maio, o alumnado de 4º da ESO e o de 1º de BAC desprazouse á Casa da Cultura Regina Míguez Doval para deleitarse coa representación da multipremiada obra de teatro Elisa e Marcela, realizada a cargo da compañía A Panadaría.
Ao remate do acto, abriuse unha interesante sesión de coloquio coas actrices. Con elas puidemos coñecer con maior profundidade as persoas que forman A Panadaría. Tamén tivemos ocasión de intercambiar impresións sobre a obra representada e os valores que se transmiten, todos eles relacionados cos obxectivos do noso proxecto Falemos de ti e min.
Queremos agradecer a colaboración do Concello de Soutomaior por atender a nosa petición e darnos todas as facilidades para podermos presenciar esta marabilla do teatro galego contemporáneo.
Agradecemos especialmente que Areta, Noelia e Ailen, integrantes d'A Panadaría, aceptasen o noso convite e contribuísen co seu talento no labor de educar o noso alumnado no seu aspecto máis humano.
Comments