top of page

Charla Mercedes Peón

O martes 14 pola tarde, tivemos a visita de Mercedes Peón no noso centro. Baixo a presentación das alumnas Xiana, Cecilia e Judith, o alumnado de 1º de BAC puido recibir unha auténtica lección maxistral dunha das artistas máis importantes e recoñecidas do panorama musical galego actual.


A sesión comezou cunha breve exposición realizada polas presentadoras, quen repasaron a traxectoria de Mercedes Peón. Logo, abriuse unha entrevista que rematou nun cómodo diálogo entre a artista e o público, quen puido coñecela de primeira man.


Cultura e tradición musical, lingua galega, reivindicación da muller e diversidade afectiva foron os eixos principais desta interesante charla, como tamén o son do Proxecto Falemos de ti e min.


Conscientes da axenda intensa de actos que posúe Mercedes Peón, queremos agradecer enormemente que fixese unha parada en Soutomaior e puidese atender a nosa petición con tanta amabilidade e disposición.








35 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page