A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade que, entre outras tarefas de relevancia para o oficio da escrita en lingua galega, promove anualmente a celebración do Día de Rosalía coa finalidade de poñer en valor e actualidade a obra e pensamento da nosa escritora máis universal.
Este ano, a AELG propuxo o programa de actividades #LibreOMeuPensamento_rdc_19 ao que nós nos acollemos, no marco do Proxecto Falemos, para contribuír a través dos versos de Rosalía e no contexto docente para reivindicar a figura da muller e loitar contra a violencia de xénero e o maltrato machista en todas as súas expresións.
Queremos transmitirlle o noso agradecemento á ALEG por acoller a nosa celebración na súa páxina web e, sobre todo, por promover actividades tan necesarias como esta que leva a cabo.
https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2019/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2019#Centros%20ensino
Comments