En Internet hai moitas redes sociais. Algunhas son máis famosas ca outras, outras máis fáciles de atopar, pero hai algunhas ás que non accede ninguén.
Fire Bout:
Hai un relato chamado Ted o escavador que presenta un turista que viaxou a Argentina. Ted alugou unha casa no campo. Xunto con el vivía o seu compañeiro Miguel, ambos intrépidos e precavidos. Posto isto, decidiron facer unha actividade popular en América, espeleoloxía, ou sexa, sendeirismo de covas. El e mais o seu compañeiro metéronse nunha cova preto da súa choza, pero o problema é que era unha cova non rexistrada nos mapas. Eles dous adentráronse, pero non era unha cova normal, era moi empinada.
Mercaron cordas para descender, levaban bengalas e dous martelos de demolición. Percorreron toda a cova ata chegar e unha parede sólida, os compañeiros arrimaron as orellas á parede e escoitaron eco de auga ao outro lado. Foi aí cando os martelos actuaron.
Comezaron a romper pedras e pedras, día a día, e co paso do tempo ían somerxéndose máis e máis na escura e húmida terra. Nas redes sociais o seu compañeiro renegou de volver a ese sitio inmundo, debido a que presentiu cousas que non deberan ser presenciadas. Ted, de forma teimuda, seguiu adentrándose cada vez máis no buraco. Un mes depois, Ted conseguiu romper o muro que o separaba do buraco e do descoñecido. O primeiro que fixo foi sacar a cámara para tirar fotos. A foto que, sen dúbida, non tiña moito sentido, foi esta:
Ata o día presente, ninguén sabe o que significa.
Ted sacou moitas fotos, pero unha das mellores apreciábase un conduto de pedras. Mirábase a cabeza dun ser branco sen boca, que, ao parecer, o estivera observando todo este tempo.
Ted afirma nas redes sociais que sufriu un ataque de espasmo ao revelar a fotografía.Ted dubidou en volver a ese inmundo inferno, dixo que non sabía se ir ou quedar na casa. De forma repentina, deixou unha mensaxe no Fire Bout:
Compañeiros, grazas por seguirme todos estes anos e axudarme tanto. Sei que queredes que siga chateando con vós. Prométovos que volverei con máis información sobre este lugar.
Ted non volveu falar nin chatear, non actualizou nada, simplemente… desapareceu. Xa hai máis de 11 anos que non volvemos saber nada máis de Ted.
Comments