top of page

 Sobre nós 

Grupo de traballo de 1º ESO A

Os contidos que se ofrecen neste blog son creados polo alumnado e inclúen breves reportaxes, traballos de creación literaria, artigos, reflexións, debuxos, etc.

A publicación deste blog enmárcase nos obxectivos anuais da programación do EDLG do IES de Soutomaior, e enténdese como unha actividade importante para fomentar a creatividade do alumnado e mellorar as súas competencias comunicativas, ademais de potenciar o uso e a presenza da lingua galega no noso centro.

Neste sentido, este blog e a revista do IES de Soutomaior que pode xurdir derivada desta actividade convértese nunha plataforma de divulgación que lle dá a voz a todos os membros da comunidade educativa. O alumnado, o persoal do centro e calquera que desexe expresarse a través deste medio ten as portas abertas.

Anímate e participa! Manda os teus textos a través do noso formulario de contacto ou envíanos un correo electrónico a iproxecto@gmail.com.

Grupo de traballo de 1º ESO B

 Equipo de traballo da revista 

Joel-1.gif

1º ESO A - Redactor

Joel Reguera

Gústanme os coches e os deportes. Gustaríame ser mecánico profesional. Escribo sobre deportes e outros temas.

BERLIN-PERFIL.jpg

1º ESO A - Redactor

Javier Acero

Encántanme os coches, a música e historias de medo. Escribo textos sobre pantasmas e espíritos. De maior gustaríame ser aviador ou superheroe, por que non?

Noa.gif

1º ESO A - Redactora

Noa Otero

Gústame a arte, a cociña e estar cos meus amigos. Gustaríame estudar arquitectura e decoración. Escribo sobre temas moi diversos.

IMG-20190216-WA0006.gif

Gústame bailar e a música. Leo se me motiva unha boa historia. Neste blog escribo, sobre todo, reportaxes.

1º ESO A - Redactora

Yaiza Sánchez

$_20.JPG

Gústame o fútbol e a pesca. Escribo sobre a violencia animal e a violencia sobre as persoas.

1º ESO A - Redactor

Francisco J. Garrido

Logotipo de la granja 4

Gústame ler e escribir, os animais e a natureza en xeral. De maior gustaríame ser gardabosques. Escribo sobre os animais e as plantas en perigo de extinción

1º ESO B - Redactora

Noelia López

nadiaaaa editado.jpg

Gústanme os deportes acrobáticos, a música e o baile. Quero ser modista ou profesora de infantil ou primaria. Escribo reportaxes moi variadas.

1º ESO B - Redactora

Nadia El Arfaoui

images.jpeg

Gústame o cine, o debuxo, escribir e contar a miña vida en verso. De maior quero ser notaria

1º ESO B - Redactora

Jennifer González

Logotipo de la granja 4

Gústame a caza, os videoxogos e internet. Gustaríame ser youtuber.

1º ESO B - Redactor

José Ramón Patiño

bottom of page