top of page

A casa do bosque (Javier 1º ESO A)

  • Foto del escritor: Proxecto Integrado
    Proxecto Integrado
  • 9 abr 2019
  • 1 Min. de lectura

Contaban as lendas que unha vez existía unha nena chamada Andrea que vivía no bosque co seu pai.

Un día, o pai foi encontrado morto sen que se soubesen as causas do seu falecemento. Dise que foi a súa propia filla quen o asasinou, por iso acabaron levándoa a outro país para vivir cun familiar. Anos despois, Andrea quixo volver á súa casa para investigar sobre a morte do seu pai, pois ela defendía que era inocente.

Unha vez de volta, acabou descubrindo que a casa estaba construída sobre un cementerio e que estaba maldita. Detrás das escaleiras había un espello roto, e Andrea quixo retiralo, pero no instante en que o tocou escoitou unha voz que dixo: "estás morta!, non debiches volver aquí!"

Andrea fuxiu ás carreiras e non volveu máis a esa casa. Dise que agora vive na cidade, pero outras persoas comentan que a nena morreu e que, realmente, segue habitando na casa.




Entradas recientes

Ver todo
Poemas (Javier y Fran, 1º ESO A)

Vermello como o sangue, azul como o ceo, o amor cheira e non o quero. O amor é como a guerra, que bico ata a terra. As rosas non se...

 
 
 

Commentaires


bottom of page