top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

Recomendacións lectoras (Noa Otero 1º A)

Desde a redacción do noso xornal queremos recomendarvos os seguintes libros. Pretendemos que pasedes unha boa xornada de lectura de inverno. Xa sabedes, sofá, manta, leitiño quente e un bo libro...


O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES

Eu recoméndovos este libro porque é moi bonito. Transmite moitos sentimentos. Presenta unha estampa típica en moitas familias, por desgraza. Unha nena que vive cos seus pais e o avó na casa, onde o avó padece Alzheimer. Ela pásao moi mal porque o avó non se acorda dela. Eles estaban moi unidos pero ao final o libro, por sorte, remata ben. Este libro foi escrito por Fina Casalderrey.


MARIA E MAIS EU

Este cómic presenta unha nena, chamada María, que padece Síndrome de Down leve. Nesta historia María marcha de vacacións a ver a familia co seu pai, e alí pasarán distintas e divertidas aventuras.Os autores e debuxantes son os irmáns María e Miguel Gallardo.



11 visualizaciones0 comentarios

コメント


bottom of page