top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

"La que se avecina", revisión dunha serie (Yaiza e Joel, 1ºESO)

Actualizado: 5 jun 2019

La que se avecina é o título dunha serie de humor que nos ensina o peor do ser humano. A través dos distintos personaxes, descríbenos o machismo, o racismo, o maltrato psicolóxico, o consumo de drogas, etc.


Así, por exemplo, nos seguintes personaxes atopamos:


ANTONIO RECIO : é un dos principais da serie e preséntase como o maior racista e machista de todos, homófobo e adicto ao sexo.

RAQUEL VILLANUEVA xoga o papel de excéntrica, bela, intelixente, amable, compasiva, fácil de ofender e con pouca confianza nas relacións. Ten certos cambios de personalidade provocados por unha situación de inestabilidade; antes tiña unha vida de éxito cando era directora comercial dunha empresa construtora.

FERMÍN TRUJILLO: sátiro, egocéntrico e chistoso espeteiro de praia que forma parte da vida de Estela e que entrou no mundo de Montepinar para coñecer a súa filla Lola.

LEO ROMANÍ é o "friki" da ciencia e da tecnoloxía, das primeiras temporadas da serie. De familia rica, encarna o papel do solteiro que se gaba de non ter parella (o que levanta sospeitas na veciñanza de que é gai), pero que, en realidade, morre por manter unha relación seria e estable.

Javier Maroto e Lola Trujillo, matrimonio composto por un informático e una fotógrafa (e posteriormente actriz) de carácter explosivo e infantil. Matrimonio novo que loita por sobrevivir.

Rivas-Figueroa, Amador e Maite, ao principio asesor fiscal, despois, un irresponsable, paspán, pervertido e inmaduro desempregado. A súa muller representa o papel de esposa dependente do marido á que lle gusta a boa vida (roupa, luxo, etc.). Os problemas xorden na parella cando os cartos faltan.

Os pais de Javi: Gregoria, mellor coñecida como Goya, e Vicente. Ela, muller impetuosa e obsesiva, envexosa, nada amiga dos veciños; el, un prexubilado nugallán que pasa a vida no sofá vendo fútbol.

Teodoro Rivas, un estafador, introvertido, astuto e rústico DJ, con delirios de grandeza, irmán de Amador e fanático da sexualidade, os cartos e a súa propia persoa.

Yolanda Morcillo e María del Carmen Carrascosa, mellor coñecida como Menchu, parella de nai e filla, mandonas, tiránicas e frías.

Enrique Pastor, concellal de moito carisma e a súa ex-muller, Araceli Madariaga, propietaria dunha perruquería antes de que se mudara ao Tíbet obsesionada coa cultura oriental, á parte de volver declarándose lesbiana.

Dona Fina Palomares, anciá tan cotilla que é capaz de saber a vida dos veciños en cuestión de segundos.

Bruno Quiroga, pianista con trastornos mentais.

Judith Becker, fermosa psicóloga que se considera unha muller moderna e independente, o que deriva en egocentrismo.

Coque Calatrava, xardineiro e concerxe, ex convicto e toxicómano.

Rebeca Ortiz, avogada cabreada co mundo experta en temas matrimonialistas.

Estela Reynolds, egocéntrica, bipolar e alcohólica actriz con trastornos mentais, nai de Lola.

Maxi Angulo, porteiro da comunidade que vive nunha caravana, despois barman do Max and Henry. Adito ao sexo, ten como parella unha boneca de plástico.


Este programa non é apto para menores de 12 anos.


Este programa é moi ofensivo porque non anula e mesmo ofende diversas tendencias ou modos de ser das persoas correntes. O que importa de verdade é a personalidade de cada un, e o que se subliña nesta serie é a importancia ao físico, ao éxito na vida, as clases sociais, as tendencias sexuais, a cor de pel, etc. Importan todas estas cousas, cando debería ser que cada persoa sexa libre de amar sen condicións. A cuestión é que esta serie presenta estes feitos como reais, e a xente pensa que así é como hai que actuar. En cambio, creo que a serie presenta esta realidade para que vexamos o mal que está. Temos que reflexionar sobre isto, sobre o que vemos na serie, para realmente saber como están as cousas e como deberían ser.


Poño un exemplo: Antonio Recio tiña un fillo homosexual que, despois de ir estudar a Londres, volve recoñecido como transexual. Negouse a axudalo e, por exemplo, pagarlle a operación. Dicíalle que era unha aberración antinatura, por exemplo.

Sobre isto, penso que calquera pai debera axudar o seu fillo en cada decisión que tome, sen ser un obstáculo que impida que o fillo tome as súas propias decisións e teña a súa propia vida.



23 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page