Vivimos nunha sociedade machista na que se segue pensando que o home está por riba da muller. Entón eu penso, por que as mulleres somos as que escapamos? Por que somos as que temos que taparnos, non vaia ser que provoquemos? Por que non podemos andar soas por sitios públicos?
Pois vou responder esas preguntas, por medo, porque as mulleres temos que ser precavidas en vez de facer o que queiramos. Estou farta! Non quero para o meu futuro unha sociedade así.
Despois, está o día de San Valentín, día estúpido para o meu gusto. O amor tense que demostrar cada día, cada hora, cada minuto e cada segundo, non só un día ao ano. Que importa se un día te tratan ben se no resto dos días vas ser ninguén?
Aínda que sexa unha nena, teño tanto dereito a opinar como calquera. E ao meu parecer, estou no certo. Así que vos invito a que me axudedes a cambiar esta sociedade.
Comentários