top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

A caza si é o que ti pensas (Nadia, 1º A)

A caza, tal e como está entendida hoxe, é un deporte. Isto quere dicir que os cazadores non matan os animais por necesidade senón por diversión.


A caza provoca dor e sufrimento, e non é xusto que se maten animais, porque son seres vivos. Moitas veces, cando os cazadores non apuntan ben, os animais teñen feridas moi graves que provocan que morran despois de horas de agonía, ou perdan partes do corpo (patas, ollo, etc.).

Os cans de caza tamén sofren. Son adestrados para localizar os animais que van ser cazados, e non viven libremente como calquera outro animal. Viven pechados, moitos pérdense no monte durante a caza, e outros son feridos ou mortos por disparos perdidos dos cazadores. E cando perden a capacidade de detectar presas, moitas veces son abandonados e a miúdo morren.


Os cazadores alteran a selección natural xa que matan os animais máis fortes e grandes.


Se a escusa para que siga existindo a caza é que axudan a controlar a poboación, existen outros métodos menos agresivos: repelentes, valados ou cercas, traslados de especies, etc.

E xa non falemos dos cazadores furtivos...




11 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page