Xullo de 2017
Un día de verán estaba coa miña amiga Elia na casa da miña avoa. Como estabamos aburridas, ocorréuseme a idea de xogar aos secuestros, pero fóisenos das mans e pasou isto…
Ás 17:30 a miña avoa dixo que ía facer recados. Entón, amarrei de mans e pés a Elia, e púxenlle un limón na boca para que non berrara. Tapeina cunha manta gorda a 27ºC, collín a chave e díxenlle que cando volvera a miña avoa a soltaba. Entón pechei con chave, pero non tiña pensado que a miña avoa chegara a iso das 21:30 e coa avoa de Elia.
Cando as vin chegar, botei a correr en busca da chave pero non a atopei. A miña avoa preguntoume pola miña amiga e díxenlle que xa marchara para casa, é dicir, fíxeno peor. Alá volveron as dúas moi preocupadas e case chorando, e entón pregunteille á miña avoa pola chave do cuarto. Foi nese momento cando lle tiven que dicir que secuestrara a Elia xogando. Foron correndo a abrir a porta pero non foron capaces. Tivo que vir o veciño para romper a porta. Puidemos soltar a Elia, que estaba empapada de suor. Elia e a avoa non se enfadaron, pero a miña avoa castigoume fortemente, e estivo polo menos dous meses enfadada comigo.
Comments