top of page

O diario de Ana Frank (Noelia 1º B)

  • Foto del escritor: Proxecto Integrado
    Proxecto Integrado
  • 6 feb 2019
  • 1 Min. de lectura

Hai tempo que lin este libro. No instituto temos unha exposición sobre o Holocausto, e isto animoume a escribir este pequeno texto:

Ana Frank é unha nena de 13 anos que vivía oculta coa súa familia por ser xudía. Estaban escondidos xunto cun dentista e outra familia tamén xudía no faiado duns almacéns de Ámsterdam. Eran perseguidos polos nazis alemáns.

Ana conta o que lle paso ao seu diario Kitty. Escribiuno entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944.

Ademais do diario, Ana escribiu varios contos que foron publicados desde 1960.

Uns veciños descubríronos. Foron detidos e levados a varios campos de concentración: Westerbork, nos Países Baixos, y Auschwitz, en Polonia. Finalmente, foron levados a Bergen-Belsen, onde Ana morreu por causa dunha epidemia de tifus entre en 1945 (causado pola falta de limpeza no campo de concentración).


Comments


bottom of page