Presentamos o significado dos nomes do alumnado de 1º e 2º da ESO.
Adam: procedente do hebreo, significa 'home'.
Alba: deriva do latín albus, co significado de 'branco'.
Álex: diminutivo de Alexander, procede do grego e significa 'defensor das persoas'.
Alexandre: procede do grego e significa 'defensor das persoas'.
Álvaro: procede do termo xermánico Alwar, co significado de 'moi prudente' ou 'moi protector'.
Amparo: do laín manuparare, 'preservar, protexer'.
Ana: provén do hebreo e significa 'benéfica, compasiva'.
Andrea: nome grego co significado de 'valente e forte'.
Ángeles é de orixe grega e significa 'mensaxeira'.
Antía: nome grego derivado de anthía, 'florida'.
Anxo: provén de angelus grego, que significa 'o mensaxeiro'.
Auria: variante do latino aureus, co significado de 'ouro'.
Brais é de orixe celta e significa 'gago'.
Breixo: nome de orixe celta, aínda que outros afirman que é latina, co significado de 'verídico'.
Bruno é un nome xermánico procedente de brünne que quere dicir 'peto, coraza'.
Candela: de orixe latina, significa 'persoa luminosa'.
Carla: nome xermánico que significa 'forte'.
Carme: procedente do hebreo karmel, 'paraíso de deus', aínda que tamén se pensa que pode proceder do latín.
Cristina: de orixe latina, provén de christianus, 'cristián', 'discípulo de Cristo'.
Daniel: procede do hebreo dan-El. O seu significado é 'xustiza de deus'.
Daniela, de orixe hebrea, significa 'xuízo de deus'.
David: 'Que é amado por deus', de orixe hebrea.
Deisy: significa 'margarida', procedente do inglés antigo daegeseage.
Diego: provén do hebreo Ya'gob e significa 'instruído, didáctico'.
Dunia: nome de orixe árabe que significa 'señora do mundo'. Outras teorías explican esta orixe a partir do ruso Dunya, forma corta de Avdunya, e esta á súa vez hipocorístico de Avdotya, do grego Eudocia ('boa vontade').
Francisco: derivado do nome italiano Francesco, significa 'o francés'.
Frida: nome xermánico que quere dicir 'a que trae paz'.
Gonzalo: 'xenio da guerra, home disposto para a loita'.
Hugo é de orixe xermana, provén do termo hug, que significa 'intelixente'.
Iria: existen varias versións que intentan explicar a orixe deste nome. A máis aceptada explica que procede do celta e que o seu signiicado é 'terra fértil'.
Iker: é un nome de orixe vasca. O equivalente feminino é Ikerne, e significa "visitación". Alude á visitación da Virxe María.
Izaskun: de orixe vasca, referido a 'aquela que vive na xesteira do val'.
Javier, de orixe vasca, significa 'casa nova' o 'castelo'.
Joaquín procede do hebreo yəhoyaqim, 'Yahvé construirá, edificará'.
Joel: procedente do hebreo, significa 'deus é o seu señor'.
José: de orixe hebreo co significado de 'engadir'.
Lara: nome mitolóxico da deusa protectora da familia, de orxe grega.
Laura: nome con orixe diversa. Pode derivar do latín laurus (loureiro) ou do grego daphne (loureiro). Por isto, adquire o significado de 'viotoriosa' ou 'coroada de loureiro'.
Lorena: do francés Lorraine, significa que procede da rexión francesaa do mesmo nome.
Lucía significa 'a que leva luz', de orixe latina.
Manal: de orixe árabe, significa 'a que consegue os seus obxectivos'.
Manuel: de orixe hebrea, nome abreviado de Emmanuel, co significado de 'Deus está connosco'.
María: de orixe hebreo, procede do termo Myriam, co significado de 'a quen deus ama'.
Maruxa: forma galega cariñosa para o nome María, que é a forma latinizada do nome hebreo da nai de Xesús, Miriam.
Matías: do hebreo Matatías, co significado 'fiel a Deus'.
Miguel é o nome do arcanxo, para os hebreos o primeiro dos anxos.
Mikaela: variante de Michaela, versión feminina de Michael, procedente do nome hebreo Mika'el, que significa 'quen é como deus'.
Nadia: de orixe persa, árabe e eslavo, significa 'esperanza'.
Noelia: de orixe cristiá procedente do francés Noël e da palabra natividade.
Óliver: procede do francés Olivier, e pénsase que fai referencia ao "olivo" e ao que simboliza, a sabedoría.
Óscar: nome de orixe xermánica que significa 'lanza divina'.
Pablo deriva do adxectivo latino paulus, que significa 'pequeno'.
Paula: nome derivado do latín paulus, co significado de 'pequeno' ou 'humilde'.
Ramón: procede de Reginmund, co significado de 'que dá bos consellos' ou 'protexido pola divindade'.
Raquel: procede do hebreo e significa 'ovella de Deus'.
Raúl: nome de orixe xermánica que significa 'lobo conselleiro'.
Rebeca: de orixe hebrea co significado de 'cautivadora'.
Santiago: variante do nome hebreo Ya'akov, que significa 'sostido polo talón'.
Sara: de orixe hebrea, significa 'princesa'.
Sergio: do latín sergius, significa 'protector' ou 'gardián'.
Silvia significa 'natural dos bosques', derivado do latín silva('bosque, selva').
Sofía: derivado do grego, significa 'sabedoría'.
Sonia: nome de orixe grega que significa 'a que ten sabedoría'. é unha variante eslava do nome Sofía.
Uxía procede do grego e significa 'ben nacida'.
Valentina: nome derivado do latín que significa 'valente'.
Wassim: nome árabe que significa 'guapo'.
Yaiza: procedente da lingua gauche das Illas Canarias, signfica 'a muller do raio de luz'.
Yanira: nome grego que significa 'a fiel'.
Zaida: nome árabe que significa 'a que crece'.
Comments