top of page
  • Foto del escritorProxecto Integrado

O Códice Calixtino (Sonia Baqueiro, 2º B)

Lémbrase que hai moitos anos, no Nadal de 2011, un home, electricista da Catedral de Santiago, roubara o Códice Calixtino. Tiña un fillo que soñaba con ser futbolista profesional, adestraba moi duro todos os días para cumprir este soño, pero…, desgraciadamente, no 2009 descubríuselle unha enfermidade nos ósos que lle impediría realizar ningún deporte.

Pasou por moitos médicos, de Vigo, Madrid, Valencia, Sevilla, etc, pero todos lle dicían o mesmo, que non tiña solución… O neno estaba desesperado, pechábase no seu cuarto para non ter que falar con ninguén. Un día, unha profesional do hospital de Barcelona, cona axuda de moitos expertos, díxolle que si, que tiña solución. Nese instante sorriu coma nunca, polo menos ata que lle dixo que esta operación era moi cara e que se debía realizar nun centro especial de New York por médicos expertos. Os pais non gañaban o suficiente para pagarlle a operación xa que a nai, María, estaba no paro, e o pai, Pepe, era electricista na Catedral de Santiago.

Pepe, que miraba ao seu fillo triste e solitario todos os días, estalou. Non puido máis e comezou a roubar cartos na Catedral, ata o punto de acabar roubando un libro do século XII, irremprazable e de valor incalculable.

Para que ninguén o vise, gardou o libro nos calzóns. Cando se percataron de que o Códice fora roubado, Santiago de Compostela encheuse de policías, gardas civís e demais corpos armados de toda España, e incluso de fóra, xa que é un libro único.

Pepe tíñao gardado no seu garaxe. Cando ía vendelo para agasarlle a operación polo Nadal ao fillo, foi detido. Obviamente, era ilegal o que fixo, así que merecía ser castigado, aínda que sabemos que o fixo por unha boa causa. Finalmente, foi condenado a 10 anos de cárcere.

O fillo ía ver o seu pai, sempre que podía, e dáballe as grazas polo que intentara facer por el.

Os policías e demais corpos armados, xunto cos compañeiros de traballo da Catedral, ao coñecer da causa do roubo, decidiron xuntar cartos para poder pagarlle a operación ao seu fillo, que quedou moi contento. Os pais quedaron moi agradecidos.

E valeu a pena xa que hoxe en día ese meniño futbolista é profesional e gaña millóns, pero isto non é o importante, senón que axuda aos nenos que non poden cumprir os seus soños por diferentes causas, para que os dean cumprido.


Esta historia é o resultado dunha tarefa de clase de lingua consistente en converter unha noticia en texto narrativo. Tiñamos que manter os elementos da noticia (espazo, tempo, personaxes...) e crear un texto propio. A noticia da que partimos a nosa historia é o roubo do Códice Calixtino realizado na Catedral de Santiago. Está feito no curso pasado, cando estabamos en primeiro.




9 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Poemas (Javier y Fran, 1º ESO A)

Vermello como o sangue, azul como o ceo, o amor cheira e non o quero. O amor é como a guerra, que bico ata a terra. As rosas non se tocan, adóranse. Os corpos son como flores, viven con amores. Primav

bottom of page