Vouvos contar unha historia que protagonizou un de nós, un dos Inmortais.
Os inmortais somos magos como os dos libros pero moito máis poderosos. Existimos desde o principio dos tempos con diversas aparencias, desde unha rapaciña ata unha feble anciá. Lamentablemente, a algúns de nós subíusenos o poder á cabeza protagonizando os roubos máis famosos da historia, xa que algúns pensaban que iso era noso porque, dunha maneira ou outra, contribuímos a facelo.
A historia que vos vou contar fala dun dos roubos máis soados da historia, o que verdadeiramente pasou cando roubaron o Códice Calixtino.
Pepe, o electricista da Catedral de Santiago (que realmente non era electricista xa que arranxaba todo coa maxia) era un daqueles inmortais aos que se lle subiu o poder á cabeza. Levaba tempo pensando que aquel libro debería ser seu e, cando atopou un libro para teletransportar obxectos, atreveuse a roubalo. Un día que foi revisar os sistemas de seguridade do Códice, puxo en práctica o feitizo e o libro acabou no seu garaxe. Cando rematou, marchou á súa casa para facelo invisible.
Pero claro, os feitizos non son eternos, e un ano despois, un humano normal podería miralo. O seu fillo, ben, en realidade medio fillo, atopou o Códice e chamou á policía. Esta levou a Pepe preso, mais, coa maxia, finxiu a súa morte e fuxiu.
Segue solto con outra aparencia, pero non se atreverá roubalo outra vez, non con todos os Inmortais alerta. Quizais dentro duns séculos, cando todo se esqueza, volva intentalo.
Esta historia é o resultado dunha tarefa de clase de lingua consistente en converter unha noticia en texto narrativo. Tiñamos que manter os elementos da noticia (espazo, tempo, personaxes...) e crear un texto propio. A noticia da que partimos a nosa historia é o roubo do Códice Calixtino realizado na Catedral de Santiago. Está feito no curso pasado, cando estabamos en primeiro.
Comments