Recollemos as impresións que o alumnado de 2º da ESO tivo sobre un dos libros de lectura deste segundo trimestre.
A min gustoume o libro, salvo polo final. Isla parece boa rapaza, pero demasiado tímida e inxenua. Debera facerlle caso a Mar e non confiar en quen non coñeces, pero hai que entender que estaba namorada e ese é un feitizo difícil de evitar. Daniel (2º C)
Gustoume porque entre os tres amigos axúdanse, aínda que Anxo e Mar non crean a Isla co de Xúpiter. Axúdana no seu caso de acoso. Aínda que o final non me gusta, axúdanos a previr o que lle pasou a Isla. Óscar (2º C)
A verdade é que é un libro bonito e gustoume, pero non lle cheguei a coller esa chispiña que me fixera preguntarme que vai pasar. Con todo, o estilo da narración gustoume xa que era un romance e os personaxes eran moi reais, por dicilo así. O único que realmente non me gustou, aínda que sexa a realidade e queira advertir das relacións cibernéticas, foi o desenlace. Antía (2º C)
Gustoume, pero non tanto porque a morte era innecesaria. Raúl (2º C)
O libro gustoume, menos o final. A miña opinión persoal é que este libro llo recomendó a nenos de 12-15 anos, porque conta o que pasa día a día nun centro educativo e eu creo que unha persoa de 60 anos non o entendería. Os libros que escribe Ledicia Costas sempre me gustaron moito. Anxo (2º C)
Gustoume todo o libro menos o final. Nunca leo libros en galego, só os de clase, pero este encántame moito, xa que o lin nunha tarde sen problema. O final deste libro ensínanos que non debemos falar con persoas que non coñecemos, porque poden pasar moitas cousas distintas. Angie (2º C)
Gustoume o libro a pesar do tráxico final. Ángel (2º C)
O libro encantoume, é o mellor dos que lin. Porque estamos acostumados a que todo conto teña un final feliz, pero iso non é a verdadeira realidade da vida, por iso está ben que algún libro sexa como a vida propia. Sen dúbida, foi o mellor libro que lin e enganchoume moitísimo. Yanira (2º C)
A verdade, non me gustou pero tampouco estivo mal. Creo que tiña un bo tema, pero especialmente non me enganchou. Uxía B. (2º C)
O libro foi moi entretido. Para min, a historia é demasiado real para ser un conto, e é triste que suceda na vida real. O que máis me gustou de Isla foi a súa actitude cara a Xúpiter, xa que ela non se rendiu, confiaba nel, e confiar non sempre é bo. Lara (2º B)
Gustoume moito o libro pero non me esperaba algunhas cousas... O tema pareceme que está moi presente hoxe en día. Andrea V. (2º B)
Gustoume moito. Ao principio, pareceume aburrido cando Isla se mudaba e coñecía a Mar, pero cando foi a visitar ao planetario e coñece a Anxo e tamén fala polo chat con Xúpiter, empezoume a interesar. Sara (2º B)
Pareceume un libro que intenta explicar o que pasa na vida real cos adolescentes. E que hai que ser valente como Mar, e non un cobarde como Marcos e os seus amigos, e saber pedir axuda cando as cousas van mal. A non fiarse das redes por moito que digan e a confiar na túa amiga... Antía B. (2º B)
Encantoume o libro. Persoalmente, gustoume bastante o libro. Ao comezo non me entretiña nada, pero a medida que ía lendo gustábame máis e máis. Preferiría que algunhas cousas da vida de Isla forna algo mellor, como o acoso que recibía. O desenlace pereceume moi interesante. Mikaela (2º B)
O libro gustoume moito. O único que vexo mal é que fose todo realidade, gustaríame que o que ocorre no libro non sucedese na vida real. Gustoume a conexión dos personaxes, como por exemplo Mar e Isla, o desenlace, o tema, etc. Sonia (2º B)
Gustoume moito o libro, aínda que o final foi un pouco triste. É unha historia que che fai sentir demasiadas emocións. Manal (2º B)
Estivo ben ao principio, pero logo xa non me gustou tanto. O meu personaxe favorito é Mar, Isla gustábame pero non tiña que ser tan confiada cos descoñecidos. O desenlace foi o que menos me gustou do libro. Lucía (2º A)
Gustoume bastante pero é bastante tráxico, quizais o que máis me gustou foi Marcos, porque aínda sendo un acosador ten unha loita intrapersoal moi importante a causa da súa nai. O desenlace está ben pola mensaxe. Anxo (2º A)
Gustoume moito o libro. Daríalle un 9. Foi un dos poucos libros no que estiven atenta e tan intrigada pola historia. Candela (2º A)
O libro gustoume porque conta unha historia que seguro lle ocorreu a máis dunha rapaza. Os personaxes son os que podería haber en calquera instituto: unha rapaza, a súa mellor amiga, o rapaz que a anda a molestar, e o suposto "noivo". O desenlace podería ser mellor pero non todos os contos teñen por que acabar ben, ten que haber algún no que poidas saber que sucede na vida real. O tema penso que moi ben escollido porque os/as rapaces/zas tamén teñen que saber saber o que pasa máis alá dos contos de fadas e princesas. Ariadna (2º A)
Gustoume, esperábao doutra forma e a sorpresa de cada capítulo sempre te sorprendía. Cada vez que acababas un capítulo querías ler o seguinte para non quedar en suspenso. Hugo (2º A)
Gustoume o libro porque estaba narrado de forma que parece que era unha adolescente de verdade a que conta a historia. Os temas que se tratan (acoso, drogas, persigos de internet, etc.) son reais e probablemente moita xente os surfiu ou sofre. O desenlace é inesperado. Rebeca (2º A)
Comentarios