top of page

O camiño á escola (Gonzalo Franco, 2º B)

  • Foto del escritor: Proxecto Integrado
    Proxecto Integrado
  • 17 mar 2019
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 21 mar 2019

O camiño á escola é un documental que presenta historias reais de nenos e nenas que teñen que percorrer longas distancias para poderen estudar. Quenia, A India, Marrocos, Arxentina. A pé, en burra, en cadeira de rodas, a cabalo..., sabendo que educarse é a mellor maneira de mellorar o seu futuro.


Aínda que ás veces pode ser complicado para nós chegar á escola, non temos tantos problemas coma outros rapaces que deben percorrer quilómetros para chegar ao seu destino, tan só para aprender a falar, a ler e escribir.


Nós temos a vida máis fácil ca outros rapaces e nin así somos capaces de poñernos a estudar para saír canto antes da escola cos estudos e empezar a formar o noso futuro.


Eses rapaces teñen mellor cabeza ca nós porque eles, polo menos, teñen o valor e a vontade para erguerse cedo, ir á escola e aprender, pasando por zonas perigosas como campos de minas, valos, ríos, expostos tamén a seren capturados.



Comments


bottom of page