Eu non tiña nin doce anos cando nos tivemos que mudar ao campo, nos Estados Unidos. Eu era un neno alegre e enerxético, pero tamén tiña unha característica, era moi curioso, cousa que arruinou a miña infancia.
Todo comezou unha tarde de inverno. Como non tiña moitos amigos, quedaba no campo pegando chimpos, de aquí para alá. Así foi como cheguei a unhas ruínas, e nelas, atopei un pozo cunha reixa tapándoo de forma moi sólida. Como estaba moi aburrido e o meu único compañeiro era a curiosidade, asomei a cabeza pola reixa, pero o único que mirei foi un abismo sen fondo. Foi nese momento cando quedei teso ao escoitar unha voz moi ronca que proviña do fondo do pozo, parecía a voz dun ancián.
- Hola -preguntou a voz.
- Hola -non me puiden resistir a responder.
- ¿Como te llamas? -eu quedei un momento en silencio.
- Me llamo Juan -sen atreverme a preguntar. ¿Cómo llegaste ahí abajo? -preguntei, por fin.
A voz non volveu responder. Tardou uns segundos en contestar.
- Un niño muy travieso me empujó aquí hace mucho tiempo.
- ¿Cómo es que estás vivo? -Preguntei.
Outra vez, a voz tardou moito en falar.
- Juan, ¿quieres verme?
Quedei paralizado cando tal cousa me pasou pola cabeza. E a voz volveu preguntar.
- Juan, ¿quieres verme?
Foi nese momento cando a reixa do pozo empezou a levantarse e...
O único que fixen foi correr sen parar. A cabeza quedou en branco cando mirei tal cousa, incluso sentín que algo me perseguía.
Actualmente, teño 47 anos e ninguén cre o que vin aquel día, só a miña noiva. Por aquela situación, nunca saio de casa.
Comments