top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

Mataklinex (Rodrigo, 1º C)

Esta historia comeza o 16 de marzo de 2006. Ese día, no Hospital Provincial de Pontevedra, naceu o que ía ser o cataclismo que o cambiaría todo. Naceu Mataklinex, un neno que desde sempre provocou unha mala sensación, non se sabe se polo nome ou porque tiña unha tatuaxes e runas de nacemento que significaban "demo" e daban poder e capacidade de matar sen resentimentos. Á parte, tiña os ollos vermellos e unha capacidade dunha persoa adulta para entender as cousas.


Gustábanlle as cousas tenebrosas e as películas de medo. O seu nome provocou que lle fixeran bullying incluso en secundaria, ata que un día ocorreu. Mataklinex desapareceu, e ese día Diego, un dos que o trataban mal, apareceu morto cunha runa gravada a lume e ferro na cara. Esa runa, nunha lingua antiga, significaba vinganza.


Ao día seguinte, apareceu morto Rubén, co corazón arrincado, e coma Diego, cunha runa gravada na cara. E así ata chegar a Dani, a última vítima desta matanza.


Tardou un mes en asasinar todo o alumnado o IES de Soutomaior. Foi o 16 de marzo de 2029, cando Mataklinex tiña 17 anos, cando un aura saíu da súa casa. Era vermella, e dela elevouse Mataklinex coas cuncas dos ollos vermellas e unhas runas brilando tamén cunha cor vermella. Nese momento, alzou os brazos e pechou os puños, e entón, toda a poboación que se metera con alguén algunha vez, acabou morrendo desintegrándoselle o corazón e quedando cun corpo baleiro, sen órganos nin sangue.


Desde ese momento, a poboación desintegrouse nunhas 3/4 partes e quedou, tan só, 1/4 escravizada polo rei, polo salvador, polo asasino... MATAKLINEX.



43 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page