Lemas (Francisco Garrido 1º A)
- Proxecto Integrado
- 27 nov 2018
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 10 feb 2019
Que é un lema?
O lema é unha frase motivadora. Sóena utilizar para motivar a nivel político, comercial, persoal, etc.
Vouvos presentar algúns lemas que me parecen curiosos:
"Se non podes voar, corre; se non podes correr, camiña; se non podes camiñar, gatea."
Fagas o que fagas, tes que seguir adiante.
"Se deixas todos os teus medos, terás máis espazo para vivir todos os teus soños."
"Deixa de esperar que as cousas pasen; sal aí fóra e fai que pasen."
"Unha mente negativa nunca poderá darche unha vida positiva".
Significado do lema liberdade, igualdade, fraternidade
O lema naceu na Revolución Francesa como berro para a guerra, pero non chegou a ser nada oficial, pois había moitos outros. Despois foi aparecendo por escrito en declaracións e adquiriu a importancia que hoxe ten. Apareceu por primeira vez impresa no Club Cordeliers en maio de 1791 para defender o territorio. Foron vestidos de uniforme e na placa, á altura do corazón, levaban este lema impreso.

Comments