top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (1º ESO)

Actualizado: 8 mar 2019


Recollemos as impresións que o alumnado de 1º da ESO tivo sobre o libro de lectura deste segundo trimestre.


 

Jules Verne é un famoso escritor que desembarca en Vigo co seu grumete Pierre para coñecer o segredo das mulleres planta. Alí coñece a Philipot, Melisa, Violeta e a Sanjurjo Badía. Melisa e Violeta son mulleres planta. Philipot e mais Verne son gardiáns do segredo. Melisa está a punto de sufrir a metamorfose das mulleres planta, e coa axuda da súa familia, Sanjurjo e Verne, levárona ata o lugar secreto das mulleres planta no Merveilleux Nautilus para cumprir a súa metamorfose.

Rubén (1º C)


Gustoume moito o libro porque ademais de que Jules Verne é o meu escritor favorito xunto con ledicia Costas, a novela foi moi interesante e os personaxes moi bos, salvo Gastón e o seu pai. O libro transmitiume moitas mensaxes positivas e cando chegaba ás últimas páxinas non podía parar de ler porque non sabía o que ía pasar e tiña moita intriga. Gustoume o desenlace porque é aí onde se resolven todos os acontecementos e pasan todas as "cousas" máis interesantes. Ademais, síntome moi identificada con Violeta, porque lle gustan as aventuras e ler novelas. Paréceme que é unha rapaza moi boa cos demais e, así mesmo, é moi atrevida ante os perigos. Antía Sóñora (1º A)
O libro gustoume moito, aínda que era un pouco lioso cando se adentraba no tema das mulleres planta. Samuel (1º C)

Gustoume, pero o principio fai que pareza un pouco aburrido, aínda que non o é. Gústame o personaxe de Pierre e o de Jules Verne, e se puidese faría unha película do libro. Rodrigo (1º C)

Gustoume, é moi entretido e os personaxes aparecen moi ben explicados, algúns con fala culta e outros con fala normal. O tema está ben escollido e en xeral está moi chulo. Carla (1º C)

Gustoume porque para min este libro tiña moito misterio, moito segredo e estilo moi emocionante. Foi unha historia cun desenlace que non esperaba. Gustaríame que lle desen un pouco máis de protagonismo a Pierre. En xeral, gustoume moito. Foi unha mestura entre realidade e fantasía, e gustoume a relación entre Pierre e Violeta. Rubén (1º C)

Gustoume o desenlace, aínda que chorei porque sei o que é non ter avós. Continuaría a historia con que Violeta, xa anos despois, fora á illa do Sur para ver a súa avoa. Como Melisa estaba convertida en árbore, ela durmiría nos seus pés e soñaría con que lle contaba unha historia. Moitísimos anos despois, Violeta converteríase en árbore e estaría ao lado da súa avoa o resto da súa vida. Á historia doulle un 8 porque nuns momentos, para dicir unha cousa non interesante, ocupaba tres páxinas. E creo que a historia podería ter máis aventuras. Os personaxes gustáronme todos menos Azucena. Daniela (1º C)

Gustoume moito, a verdade. Case choro co final, a despedida. Custoume lelo porque non me chamaba moito a atención e ao principio aburrinme. Pero a historia en si encantoume, foi moi bonita e emocionante. Sabela (1º C)


Nephea. Debuxo de Carla (1º ESO C)

131 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page