top of page

Día de Rosalía de Castro (24F)

  • Foto del escritor: Proxecto Integrado
    Proxecto Integrado
  • 26 feb 2019
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 28 feb 2019

Unha das actividades programadas polo Proxecto Falemos é conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro.

Posto que este ano cadra en domingo, celebrámolo o luns 25 de febreiro.

Fixemos un Photocall e escribimos versos nos cristais das portas de entrada ao centro.

Aproveitamos esta celebración para escoller e dar a coñecer, de entre os versos da autora, aqueles que reivindiquen a figura da muller e fagan denuncia das inxustizas.

Os preparativos deste acto comezaron uns días antes coa axuda do alumnado da Comisión de Igualdade, a quen queremos agradecer o seu traballo e dedicación.





Visita o Blog do Proxecto Falemos: https://iproxecto.wixsite.com/falemos/blog

Comments


bottom of page