top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

Así celebramos o Día da Muller (8 de marzo)

No marco do Proxecto Falemos que se leva a cabo no IES de Soutomaior, celebramos o Día Internacional da Muller (8 de marzo) cunha serie de actividades organizadas pola Biblioteca, a Comisión de Igualdade e o EDLG:


- Exposición-mesa de libros

Diversos títulos sobre igualdade de xénero están expostos na Biblioteca desde o xoves 7 de marzo.


- Tríptico de Recomendacións Lectoras.

Elaboración e difusión dun catálogo que inclúe unha sinopse e ficha bibliográfica dun total de 16 publicacións que tratan o tema da igualdade de xénero.


Este tríptico difundiuse en papel, como vemos na imaxe, e tamén está dispoñible para a súa consulta na web:


- Instalación artística conmemorativa sobre o 8M.

O alumnado da Comisión de Igualdade realizou unha artística, fermosa e significativa exposición de motivos polos que decide asistir á folga do 8 de marzo, vinculados á defensa dos dereitos da muller e da loita contra a violencia machista.

Para iso, realizáronse carteis con citas de autoras coñecidas e elaboráronse siluetas simbólicas con lemas e textos creados polo propio alumnado, material que foi disposto nos corredores do centro. Outras moitas reivindicacións escritas foron tamén recollidas nos cristais das portas principais do centro.




58 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


bottom of page