O pasado mércores 21 de novembro todos os grupos de 1º a 4º da ESO asistimos a unha charla sobre a violencia de xénero. Foi impartida pola psicóloga Paula Sánchez Álvarez.
Anotei unhas ideas que me pareceron interesantes:
- Existen aínda partes do mundo nas cales as nenas non poder ir ao colexio por ser iso, nenas.
- O machismo no é só facer dano físico: os insultos tamén doen. Machismo tamén é se critican a túa maneira de ser ou a túa vida por ser muller, ou as discriminacións que atopamos no traballo, ou as críticas que recibimos pola forma en como nos vestimos...
- Unha curiosidade que parece incrible é que en Zaragoza existen aparcamentos só para mulleres con máis sitio, porque polo visto non sabemos conducir.
- Moitas veces atopamos nas cancións letras que ofenden as mulleres.
- Os colores son para todos, non ten por que ser o azul para nenos e o rosa para as nenas. Por certo, no baño do noso instituto existe esta distinción... e foi feito en 2018, e é un centro educativo...
Comments