top of page
  • Foto del escritorProxecto Integrado

Carla a superdotada (Paula Vila, 1º C)

O 2 de xullo de 2006, no Hospital Nacional de Pontevedra, naceu Carla. Carla era unha nena normal, pero había algo raro, empezou a andar aos tres meses e, aos seis, xa falaba. Pero non dicía nin papá nin mamá: as súas primeiras palabras foron Marie Curie.

Aos seus pais pareceulles rara e levárona ao médico. Dous anos despois de facerlle probas de todo tipo, descubriron que era superdotada. Entón os seus pais empezaron a facerlle pouco caso e, por riba, naceu o seu irmán Samuel, o que provocou que os seus pais a ignorasen completamente.

O trinta e un de outubro de 2012, Carla xa con seis anos, decidiu ser gótica. Como os seus pais non estaban de acordo, fuxía todas as noites para profanar tumbas. Á semana seguinte, Josefa, a súa avoa, levou a Carla ao cemiterio, e cando se deu de conta, Carla xa desenterrara cinco mortos, aos cales estaba abrazando e dando bicos. Josefa desmaiouse e Carla saíu correndo para chamar a Lealdino, o seu avó. Lealdo foi correndo e levou a Josefa ao hospital. Como levara un golpe moi forte na cabeza, tivérona que operar de urxencia, pero quedou moi mal, pois tres cuartos e medio do cerebro non lle funcionaba, tiña alzhéimer e secuelas. Dous meses despois, Josefa acabou suicidándose.

Carla sentiuse culpable e decidiu deixar de ser gótica e facerse pija. O seu cuarto pasou de negro a rosa total. Os seus pais non a aturaban máis, pois era moi pero que moi pija, e decidiron levala ao psicólogo. Ao mes, Carla decidiu ser rapeira, falaba rapeando, comía rapeando, e facía todo rapeando. Aos trece anos, cando ía en segundo da ESO, fíxose moi social. Entón, non estudaba, só quedaba cos seus amigos e amigas, e coñeceu a Germán e fixéronse mozos.

Aos dezaoito anos Carla coñeceu a Encarnación, de quen se fixo moi amiga. O que Carla non sabía era que Encarna era unha asasina. E Carla converteuse nunha asasina. Matou a trinta persoas nun mes con Encarni. Carla tamén converteu a Germán nun asasino, e con trinta anos tiveron a Encarnación de los Milagros de María Eugenia Guadalupe México Camacho Rodríguez, que aos dez anos se converteu nun chico chamado Josefino de los Milagros de Mario Eugenio Guadalupe de México Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore Camacho Rodríguez.

Carla, Germán, Encarni e Josefino mataban xente todos xuntos, eran Tik Tak. O día dez de agosto de dous mil cincuenta e tres xuntáronse para matar o inimigo de Encarni. Encarni era profe de castelán e quería matar o profe Eloi, que daba galego, e iso foi o que fixeron.

Con sesenta anos, Carla quedou embarazada de cuadrixemelgos: Prometeo, Josepo, Galileo e Plutón. Carla matou a Germán para casar con Rodrigo, que era o seu amor platónico desde primeiro curso da ESO. Na voda, Encarni foi a madriña, pero ao final Carla matou a Encarni e a Rodrigo por enganala sentimentalmente. Así que Carla acabou casando con Rubén, o irmán de Breixo. Foron felices ata os noventa e oito anos, momento en que Carla matou a Rubén a vareadas co bastón, e casou con Breixo. Foron felices ata que Carla o matou para casar con Bruno, o seu verdadeiro amor, e foron felices ata a morte.



30 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Poemas (Javier y Fran, 1º ESO A)

Vermello como o sangue, azul como o ceo, o amor cheira e non o quero. O amor é como a guerra, que bico ata a terra. As rosas non se tocan, adóranse. Os corpos son como flores, viven con amores. Primav

bottom of page