Presentamos uns poucos animais que se atopan en perigo de extinción
Existen moitos animais que hoxe se atopan en perigo de extinción. Por desgraza, se non facemos nada para remedialo, correremos o risco de que desaparezan. Presentámosvos a continuación un pequeno grupo daqueles dos que só conservamos uns poucos exemplares.
Oso polar
O oso polar, tamén chamado oso branco, é un mamífero carnívoro dos máis grandes da Terra. Vive nas zonas xeadas do hemisferio norte.
Rinoceronte de Xava
Un dos rinocerontes de menor tamaño que existen é o rinoceronte de Xava. Pode chegar a superar os 3 metros de longo, e case dous metros de alto. Pode pesar ata 2.300 kg. As femias e os machos son iguais en canto ao tamaño, pero podemos atoparnos con que as femias sexan maiores ca os machos.
Tigre de Bengala
O tigre de Bengala habita na India, Nepal, Bangladesh, Bután, Birmania e Tíbet. É a especie de tigre máis numerosa ecoñecida. Normalmente, a súa pel élaranxa, pero haialgúns que son de cor branca.
Canguro vermello
O canguro vermello é o máis grande dos que se coñecen. Pode medir case dous metros de lonxitude e pesar 90 kg. Os machos adoitan ter a pelaxe máis encarnada e son maiores en tamaño, mentres que as femias presentan unha coloración máis grisácea. Os canguros vermellos non camiñan, móvense a saltos. Os seus saltos poden chegar a ser de 3 m de alto e 10 de longo.
Tartaruga laúde
Atartaruga laúdeé un réptil eé a tartaruga mariña máis grande. Pode medir 2,3 metros e pesar máis de 600 quilos. Habita en todos os mares tropicais ou subtropicais, eéa única especie da súa familia.
Oso panda
O oso panda habita nas rexións montañosas de China. O seu principal alimento é o bambú, pero tamén come froitos, mamíferos pequenos, peixes e insectos.
Leopardo das neves
Esta especie de leopardo habita nas montañas de Asia. Caza coellos, esquíos, cabras salvaxes, veados, paxaros,musarañas, marmotas, etc. Esta especie de leopardo no roxe.
Lince ibérico
Habita na Península Ibérica, eéa especie de felino en maior perigo de extinción. Cazan coellos, parrulos, cabras, perdices, mamíferos pequenos e aves. A maior parte dos linces morren atropelados ou por trampas para outros animais.
Atún vermello
Este atún xa está extinto no mar Negro eo mar Caspio. Pode pesar case setecentos quilogramos, e medir tres metros. En España está prohibida a súa pesca. Esta especie de atún é un gran premio para os pescadores deportivos.
Comentarios