O A350 é o novo avión da Airbus e o máis moderno. Está composto maiormente de fibra de carbono, os motores son Turbofan, e pode transportar 366 pasaxeiros. Está preparado para voar longas distancias, ata 14.816 km. As ás poden resistir turbulencias extremas e condicións inimaxinables.
O primeiro avión deste tipo entrou en servizo na Vietnam Airlines. Cando saiu á luz había máis de 846 pedidos, a maior parte deles para Emirates, Quatar Airways e Ethiad Airways. Ten grande impacto no mercado porque é moi lixeiro e consome menos.
A compañía construtora de avións Airbus é moi coñecida polos avións que fabrica: o máis antigo é o A318, e o máis novo, o A350. Neste momento atópanse deseñando outro novo modelo.
Comments