top of page

A miña clase (Daniel, 1º C)

  • Foto del escritor: Proxecto Integrado
    Proxecto Integrado
  • 18 mar 2019
  • 1 Min. de lectura

Estes dous son Diego e mais Raquel,

ela dálle unha labazada a el.

Despois, ao seu lado,

está sempre Álvaro.

Con todos desfruta

e nós pasámolo pipa.

Tamén aí están Lucía e mais Rubén

aínda que non o pareza, pórtanse moi ben.

Aquí está Erika e Breixo,

ela Dani Martín me chama

e Brais connosco acaba.

Tolas da bioloxía

son Carla e Samuel

aínda que a todos se nos retorce

a eles dáselles moi ben.

Bailarinas modernas

son Daniela e mais Inés

unha baila do dereito

e a outra do revés.

Vera e mais Paula

están sempre a mascar

pero a verdade é

que non van rematar.

Paula e mais Rodrigo

lévanse moi mal

pero ben á vez.

A Sabela sempre lle van rifar

pois nunca para de pintar.

Amparo e Dunia

co chicle tamén están

pero a verdade é

que lles dá igual.

Bruno e Lucía

están sempre a xogar

pero un deles tende a gañar.



Entradas recientes

Ver todo
Poemas (Javier y Fran, 1º ESO A)

Vermello como o sangue, azul como o ceo, o amor cheira e non o quero. O amor é como a guerra, que bico ata a terra. As rosas non se...

 
 
 

Comments


bottom of page