top of page
Foto del escritorProxecto Integrado

A Coca de Redondela (Paula R. e Érika, 1º C)

Debaixo dunha ponte da vila de Redondela vivía unha afamada coca. Tiña o corpo de dragón, unha enorme cola de serpe e tamén tiña ás. Cada día visitaba un lugar de Redondela onde secuestraba mulleres fermosas para levalas á illa de San Simón, onde as devoraba.

Un día, uns valentes decidiron matala para que non houbera unha morte máis. O que fixeron foi poñer a vixiar unha persoa na campá da hermida. Así, cando a visen, farían soar a campá.

Chegou o día no que se escoitou soar a campá. Armándose con espadas, os homes conseguiron acabar coa vida da Coca cravándolle o frío aceiro no corpo.

Celebraron a vitoria levando levando a besta ata unha praza onde bailaron arredor dela. Grazas a este acontecemento, cada ano celébrase a festa da Coca en Redondela.

A Coca a piques de ser abatida por un mozo


15 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page