A caza é un deporte que permite controlar a poboación dos animais. Por exemplo, os xabaríns están en plena expansión hoxe en día. Se non se mataran, andarían polas cidades e destrozaríano todo. Xa o fan habendo cazadores... Imaxinade. Se non houbese cazadores sería un caos total, porque as estradas estarían cortadas por culpa de que os animais provocarían accidentes e logo suplicarían aos cazadores para que volveran facer batidas. Os campos perderían parte das súas colleitas porque pasa practicamente todo o día fuciñando na terra. As persoas poderían ser atacadas e feridas se se sente ameazado. Por outra parte, temos as granxas que crían os coellos e os matan para o supermercado. Os cazadores non, xa que soltan os coellos no monte e danlles unha oportunidade de fuxir. Despois a caza tamén move moitísimo diñeiro: entre os cans, o seguro, as armas, roupa, vehículos, etc. Pensemos tamén nas leis: se es cazador, non podes beber e tampouco podes levar un animal en perigo de extinción morto, xa que podes ser multado. En cambio, se non es cazador, non serías multado. E existen moitas normas que teñen que cumprir os cazadores. E moitos impostos asociados á caza. A caza non é furtividade. Un furtivo non coida dos seus cans, que moitas veces vemos nas noticias maltratados. Un furtivo faille a espera ao animal e mata por pracer. O cazador mata por comer e ten bo coidado dos seus cans.
A caza non é o que ti pensas (Jose Ramón Patiño 1º B)
Actualizado: 13 feb 2019
Comments