1. Se a terra estivese atravesada por un túnel, se caeses nel tardarías en cruzala 42 minutos.
2. Estímase que probablemente existan na terra 7.500.000.000.000.000.000 grans de area. SAbes pronunciar este número?
3. Hai científicos/as que pensan que nalgún momento a terra tivo 2 lúas. Unha era máis pequena que a que vemos hoxe e desapereceu porque chocou contra ela.
4. Se a hitoria da terra se producise en 24 horas, a vida aparecería ás 4 da mañá, as plantas ás 10:24 da noite, os dinosaurios desaparecerían ás 11:41 da noite e a historia humana comezaría ás 11:58:43 da noite! Somos moi pouco madrugadores!
5. As formigan colonizaron case toda a terra, excepto Antártida e algunhas illas remotas.
6. Moi por debaixo da superficie terrestre hai un depósito de auga tres veces maior que o tamaños de todos os océnaos xuntos.
Comments