top of page

Importantes e históricas figuras visitan o noso centro

Actualizado: 21 may 2019

Hoxe, xoves 16 de maio, e como parte do proxecto Mulleres na Historia de Galicia, o alumnado de 4º da ESO Académicas fixo posible o imposible: convidou ao noso IES a María Pita, María Balteira, Isabel Barreto, Maruja Mallo, Sofía Casanova, Manuela e Aurora Liste, as irmás Touza, Elisa e Marcela, As Marías, María Vinyals, Concepción Arenal e Pepa a Loba.


Estas importantes personalidades galegas fixeron acto de presenza para contribuír a un xogo de investigación que o alumnado de 4º deseñou para o de 1º da ESO.


En primeiro lugar, o alumnado de 4º explicou nas aulas o procedemento do xogo ao alumnado de 1º da ESO e repartiulles os documentos de xogo.


En segundo lugar, xa no patio e organizados por parellas, o alumnado debía ir buscando a información necesaria que o levaría a resolver o xogo: coñecer os personaxes históricos que hoxe visitaban o centro.


A información necesaria obtíñase da consulta nos paneis expositivos de Mulleres galegas e tamén na observación á caracterizacion das distintas personalidades e á consulta directa de preguntas.


Foi unha sesión lúdica e inesquecible para o alumnado, que seguro aprendeu moitísimo da nosa historia.





No seguinte enlace podes ver os paneis expositivos:


Deixamos unha pequena mostra de fotografías da xornada de hoxe:



55 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page