top of page

Falemos de ti e min a través da Banda Deseñada

Coa finalización do noso proxecto, remata tamén o club de lectura Marcando a diferenza que nos achegou ao mundo da Banda Deseñada de temática social.


Desde o mes de outubro o alumnado participante puido gozar de lecturas como Nómades, de Xosé Tomás (inmigración, a homosexualidade, o maltrato, as inxustizas ou a guerra) ou Engurras de Paco Roca, María e mais eu de María e Miguel Gallardo e ¿Quién le zurcía los calcetines al rey de Prusia mientras estaba en la guerra? de Zidrou (todos abordan o tema da diversidade funcional).


Reflexionamos tamén sobre as dificultades de sentirse libres con El azul es un color cálido de Julie Maroh e No puedes besar a quien quieras de Sandrine Revel e Marcena Sowa.



A experiencia foi marabillosa, non só polo que nos ofreceron os textos e as ilustracións das obras lidas, senón sobre todo polas aportacións dos participantes do club, que demostraron efectivamente que a literatura é un arma cargada de futuro.


Podedes ler as reflexións dos participantes e ver as dinámicas de cada sesión nos seguintes enlaces:







46 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page