O alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato creou unha obra colectiva en homenaxe ao oficio de redeira. Utilizaron como soporte pezas auténticas da louza da antiga fábrica de Pontesa, "probablemente feita por algunha dos centos de mulleres que durante anos traballaron nesta factoría de tanto renome do noso municipio".
Como parte do Proxecto sobre Oficios Tradicionais, realizado polo alumnado de 3º ESO, foi presentada unha exposición con infografías que ofrecen información sobre os oficios e a tradición oral asociada.
Opmerkingen