Como remate a varios dos proxectos realizados ao longo destes meses, o luns día 15 foron inauguradas distintas exposicións no noso IES, todas elaboradas polo alumnado dentro do Proxecto Falemos.
En concreto, a exposición Herbario e Fitofaladoiro preséntanos un completo herbario composto por unha mostra real de cada planta, unha ficha botánica e unha ficha etnográfica.
Foi elaborado polo alumnado de 1º curso da ESO dentro do Proxecto Herbas, lendas e tradicións.
Esta actividade poderá ter continuidade no mes de xuño cun obradoiro e unha plantación nos xardíns do IES.
Commentaires